| 20 de febreiro de 2021

O feminismo radical reclama a actuación do Tribunal Constitucional

Ante a inacción das institucións públicas e administracións, cando non complicidade ou mesmo colaboración, fronte ao silente avance das doutrinas baseadas na autoidentificación de xénero, e a despótica actitude dos representantes públicos que defenden as mesmas, as mulleres da Plataforma do Feminismo Radical de Galicia iniciamos hoxe unha campaña de adhesións ao documento que presentaremos o vindeiro 8 de marzo no Rexistro, dirixido ao Defensor del Pueblo. Nel achegamos unha escolma dalgunhas das graves vulneracións constitucionais que se veñen producindo no eido escolar, legal, das redes sociais ou da protección de nais xestantes e neonatos, para que este promova os recursos pertinentes en cada caso fronte ao Tribunal Constitucional.

O documento desta campaña recolle algunhas das vulneracións dos dereitos constitucionais das mulleres que a Plataforma do Feminismo Radical de Galicia presentará ante o Defensor del Pueblo para que promova os recursos pertinentes fronte ao Tribunal Constitucional.

Como verás, solicitamos a promoción de catro Recursos de Amparo e un Recurso de Inconstitucionalidade. Para unirte á solicitude precisamos que asines o documento.

Cómo asinar o documento?

  • Se tes un certificado electrónico que che permita asinar dende o teu ordenador, podes facelo así e remitirnos o documento asinado ao correo electrónico: somos@mulleres.gal. Se non dispós dun software que che permita asinar, podes facelo desde RedSara usando o certificado que tes no teu PC.
  • Se non tes xeito de asinar electronicamente, podes imprimir a última páxina do documento, asinar a man e enviarnos ese ORIXINAL asinado por correo postal ao enderezo do colectivo Solidarias y Violetas: Enrique Lorenzo, 12, baixo, 36207 Vigo.
  • Xuntaremos todas as sinaturas e presentarémolas o día 8 de marzo no rexistro administrativo.

Os documentos descargables para ler e asinar:


Instrucciones en castellano:

El documento de esta campaña recoge algunas de las vulneraciones de los derechos constitucionales de las mujeres que la Plataforma do Feminismo Radical de Galicia presentará ante el Defensor del Pueblo para que promueva los recursos pertinentes ante el Tribunal Constitucional.

Como verás, solicitamos la promoción de cuatro Recursos de Amparo y un Recurso de Inconstitucionalidad. Para unirte a la solicitud necesitamos que firmes el documento.

¿Cómo firmar el documento?

  • Si tienes un certificado electrónico que te permita firmar desde tu ordenador, puedes hacerlo así y remitirnos el documento firmado al correo electrónico: somos@mulleres.gal. Si no dispones de un software que te permita firmar, puedes hacerlo desde RedSara usando el certificado que tienes en tu PC.
  • Si no tienes forma de firmar electronicamente, puedes imprimir la última página del documento, firmar a mano y enviarnos ese ORIGINAL firmado por correo postal a la dirección del colectivo Solidarias y Violetas: Enrique Lorenzo, 12, baixo, 36207 Vigo.
  • Uniremos todas las firmas y las presentaremos el día 8 de marzo en el registro administrativo.

Los documentos descargables para leer y firmar:


Grazas a todas e todos!

Esta plataforma empezou a súa andaina hai pouco máis de dúas semanas, cunha proposta de acción na que reclamabamos a intervención do Defensor del Pueblo en varios asuntos que afectan á garantía dos dereitos adquiridos polas mulleres do noso país no respiro democrático dos últimos catro decenios.

Unha corrente filosófica profundamente regresiva que xa alcanza espazos académicos, políticos e culturais ameaza a continuidade deses dereitos.

Por iso, nesta proposta de acción solicitamos a promoción de varios recursos de amparo, por accións ou omisións administrativas na garantía deses dereitos, e un recurso de inconstitucionalidade, contra o contido dunha lei que deturpa ou baleira de contido a acción protectora das ferramentas legais de protección da muller fronte á violencia de xénero.

A pesares da excepcionalidade do momento que vivimos por mor da pandemia, das limitacións na mobilidade relacionadas con esta, e do escaso espazo de tempo do que dispoñiamos antes do vencemento de prazos de recurso, máis de 150 persoas responderon ao noso chamado, imprimindo o noso documento de petición, asinándoo e facendo cola nunha oficina de Correos para facérnolo chegar, ou pelexando con certificados electrónicos cos que nunca lidiaran antes, para persoarse como co-solicitantes neste documento que onte remitimos ao Defensor del Pueblo a través do Rexistro Administrativo da Xunta.

Para que isto fora posible, moitas mulleres desta plataforma aportaron horas, esforzo e entusiasmo e as compañeiras de Solidarias y Violetas transformaron en caixa de correo o seu local de Vigo.

Tiñamos que enviar este documento xa, como dixen, por mor dos prazos de recurso, pero moitas das adhesións quedaron nas sacas de Correos pendentes de entrega, polo que todas serán recollidas e presentadas en novas quendas, antes do vencemento do prazo.

Dende aquí, queremos facer público o noso enorme agradecemento a todas e todos pola súa xenerosidade e convidalos a seguir participando nas accións que dende esta ou outras organizacións se promovan na defensa dos dereitos aos que o feminismo non vai renunciar