| 26 de abril de 2021

Envío do Protocolo de Identidade de Xénero ás ANPAs de Galicia

A PFRG ven de poñer en marcha unha campaña informativa para dar a coñecer entre as nais a pais de alumnos de infantil, primaria e secundaria o Protocolo de Identidade de Xénero que está vixente en todos os centros educativos de Galicia.

Como primeira fase desta campaña vimos de remitir por correo electrónico ás anpas galegas o documento completo, ademais dunha pequena escolma do seu contido presentada nunha infografía.

Trátase dun documento baseado nos Principios de Yogyakarta, un texto pretendidamente normativo, que non cumpre ningunha das condicións propias dun texto legal, xa que non é un Tratado Internacional, nin unha Directiva, nin unha norma con rango de lei, nin foi incorporado ao noso ordenamento xurídico.

Non obstante, a pesares da súa escasa entidade e de incorporar teorías rexeitadas amplamente pola comunidade científica, o seu dogmático contido é impartido nos centros escolares como contido didáctico, promovendo valores sexistas propios de tempos xa superados.

O texto do correo electrónico é este:

Prezadas nais e pais,

Remitímosvos o documento do Protocolo de Identidade de Xénero editado pola Xunta de Galicia que é de aplicación a todos os centros de ensino.

Esta é unha información que todas as nais e pais de alumnos deberían coñecer, xa que forma parte dos contidos formativos que se imparten aos seus fillos, teñen un carácter dogmático e contrario aos principios científicos, contradín todas as medidas relativas á educación non sexista e asumen como propias do equipo docente potestades que corresponden aos titures dos menores.

Non permitades que vos deixen á marxe das decisións importantes para o futuro dos vosos fillos.

O Protocolo pódese descargar desde esta ligazón.

Esta infografía está tamén dispoñible: