| 2 de maio de 2021

Día da nai e estra da nosa canle de YouTube

Dende a PFRG quixemos producir un pequeno vídeo para o Día da Nai. Felicitamos dende o feminismo a todas as mulleres que deciden ser nais, convidándoas tamén a levar a cabo unha maternidade e crianza feminista.

Estreamos con el a nosa canle de YouTube!


Fronte á maternidade idealizada e patriarcal que se nos intenta impor, dende a Plataforma do Feminismo Radical de Galicia queremos falarvos de maternidades reais, maternidades narradas por mulleres feministas.

Transcripción do vídeo:

«Sabemos moito máis do aire que respiramos ou dos mares que atravesamos, que sobre a natureza e significado da maternidade. Na división do traballo acorde co xénero, os fillos das nais fixeron e dixeron a cultura e inventaron este concepto.»
—Adrienne Rich

«El vínculo tan importante que existe entre ambas, tan potente que es imposible que una persona pueda cortarlo y quedarse tan ancha.»
—Najat El Hachmi

«Busco o modo de te acompañar sen estorbo, que sexas ó meu carón feliz e creador de ti, de ti e mailo mundo que apañes.»
—Xela Arias

«A maternidade conquístase, primeiro a través dun intenso rito físico e psíquico de paso -embarazo e parto-, e despois aprendendo a criar, o cal non se sabe por instinto.»
—Adrienne Rich

«Os meus fillos cáusanme o sofremento máis exquisito que tivera experimentado nunca. A alternativa entre o resentemento amargo e os nervios de punta, e entre a gratificación plena da felicidade e a tenrura.»
—Adrienne Rich

«O sufrimento fronte a todo o que non podemos facer polas nosas fillas e fillos, nunha sociedade incapacitada para responder as necesidades humanas, pode converterse en culpa e autocastigo.»
—Adrienne Rich

«Nada que ver coa posesión,
Non te posúo nin quero.
Cóidote, ámote e manteño a esperanza
De aprenderche a te posuires.”
—Xela Arias

«Ademais de temporal, a función da maternidade é adventicia: todas as mulleres conciben ideas, pero non todas conciben fillos. O ser humano non é unha árbore froiteira que só se cultive pola colleita.»
—Emilia Pardo Bazán