Skip navigation

Presentación de alegacións á Lei Trans

Seguindo coa táctica habitual de obscurantismo, o Ministerio de Igualdade ven de abrir o prazo para a presentación de alegacións ao Anteproxecto de Lei coñecido como «Lei Trans», en pleno período de descanso e desconexión para a maioría.

Este prazo remata o día 16 de agosto, polo que é preciso conseguir toda a difusión posible antes desa data.

As alegacións non teñen un contido formal específico, polo que poderedes redactar libremente as vosas consideracións, pero se preferides empregar un modelo xa redactado, podedes facer uso do documento que ven de preparar a PFRG.

Dado que as estatísticas que o Ministerio traslada sobre a participación nos prazos de alegacións, segundo xa puidemos comprobar anteriormente, non coinciden en nada cos datos de participación que manexa o feminismo, pregámosvos que nos poñades copia do correo que remitades, para que poidamos ter a nosa propia estatística.

Datos que debes consignar no envío:

ASUNTO: Participación: Anteproyecto de Ley para la igualdad real y efectiva de las personas trans y para la garantía de los derechos de las personas LGTBI

DESTINATARIOS: participacion.publica@igualdad.gob.es, somos@mulleres.gal (importante: os dous)

CONTIDO: Yo, (Nombre Apellido Apellido), con DNI: (xx.xxx.xxx X), deseo formular alegaciones al citado Anteproyecto de Ley según las consideraciones contenidas en el documento que adjunto y al cual me adhiero.

En (Localidad), a (xx) de agosto de 2021.

LIGAZÓN DIRECTA
(por favor, antes de clicar le as instrucións)

Instrucións sobre a ligazón directa:

  • Esta ligazón serve para encher automáticamente os campos do correo electrónico, AGÁS o PDF que terás que adxuntar ti.
  • Esta ligazón pode non funcionar nalgúns programas de correo electrónico. Se no teu caso non funciona ou non funciona correctamente, non o uses e copia-pega de aquí os textos.
  • NON ESQUEZAS, por favor, substituir os textos (Nombre Apellido Apellido), DNI: (xx.xxx.xxx X), En (Localidad), a (xx) de agosto polos teus datos e día do mes.
  • NON ESQUEZAS, por favor, ADXUNTAR O ARQUIVO PDF. Repetimos a ligazón para que poidas descargalo no teu ordenador ou móbil e logo adxuntalo no correo: Arquivo PDF a descargar e adxuntar no correo.

Por favor, difundide!!