| 15 de marzo de 2021

Datos sobre o número de menores derivados ó Servizo para o Desenvolvemento da Identidade de Xénero (GIDS) do Servizo Nacional de Saúde (NHS) do Reino Unido 2009-2020

Os datos publicados pola GIDS de Reino Unido mostran que o número de menores «trans» foi en aumento dende 2009 ata o 2020 (a excepción do ano 2011-2012).

  • Os datos de 2020 poñen de manifesto que este incremento foi especialmente significativo no caso das persoas nacidas mulleres, nas que aumentou un 4.735%, en comparación coas persoas nacidas homes, con un 1.285%.
  • A maior incidencia dáse en adolescentes entre 13 e 16 anos.
  • Especulan coa posibilidade de que este incremento se produza por contaxio social entre os adolescentes, no que as nenas con problemas de saúde mental ou neurobiolóxicos previos son especialmente vulnerables.

O xornal El País publicou un artigo o 09.01.2021 no que recolle os datos do NHS do Reino Unido e o Servizo Catalán de Saúde. Aínda que as contías son diferentes, (recordemos que Cataluña só é unha das 17 Comunidades Autónomas de España e os datos de NHS fan referencia a Inglaterra, a máis poboada das catro rexións que forman o Reino Unido), os incrementos porcentuais son similares.

En España non contamos con datos públicos sobre as derivacións ás unidades especializadas do Desenvolvemento da Identidade de Xénero. Con todo, e dadas as similitudes existentes a nivel de desenvolvemento lexislativo e teórico, así como o apoio social ás lexislacións en ambos países, sería interesante analizar os datos públicos do Reino Unido, desagregados por sexo e por idade.

Extracto do artigo El País «Menores trans: el dilema de dejar la adolescencia en suspenso»

UN INCREMENTO DE LAS CONSULTAS POR ENCIMA DEL 2.000%

No existe una recopilación oficial de datos sobre los tratamientos a menores transexuales en España. La sentencia del caso Bell recoge que en Reino Unido los niños y jóvenes derivados al servicio de identidad de género —que no necesariamente acabaron recibiendo tratamiento— pasaron de 97 en 2009 a 2.519 personas en 2018, más de un 2.600%. Y que se han incrementado sobre todo los casos de chicas que se declaran chicos trans. En Trànsit, la unidad de atención a las personas trans del Servicio Catalán de Salud, han tratado a 609 menores de nueve a 16 años desde abril de 2014. El incremento es de más del 2.200% desde los ocho casos del primer año a los 179 de 2020. Son 407 chicos trans, 179 chicas trans y 23 con identidad no binaria, por lo que también se da un incremento superior en el caso de quienes transicionan a chicos. Para la parte del movimiento feminista español crítica con la futura ley, esta diferencia en los números es un claro reflejo de las presiones sexistas que sufren las mujeres. Desde la otra parte, lo achacan a que la sociedad tiene más dificultad para aceptar a una mujer trans sin caricaturizarla o a que hasta ahora los hombres trans estaban más invisibilizados porque sus cambios físicos no son tan obvios a ojos de la sociedad.

A continuación presentamos a tradución e a compilación dos datos publicados polo GIDS (Gender Identity Development Service- Servizo para o Desenvolvemento da Identidade de Xénero) do Servizo Nacional de Saúde (NHS) do Reino Unido, no referente ó número de menores derivados a este servizo entre 2009 e 2020. Os datos foron desagregados polo sexo observado ó nacer e a idade. (As referencias atópanse ao final da páxina)

No 2009, o número de persoas nacidas con sexo masculino (56) superaba ás de sexo feminino (40). Esta tendencia invértese entre os anos 2011-2012 e acelerouse de forma significativa no ano 2015. No 2020, as nacidas mulleres foron 1.894, o que supón un aumento aproximado do 4.735% dende 2009. No caso dos nacidos homes (720) o aumento foi do 1.285%. A porcentaxe de aumento total de casos en Inglaterra entre o 2009 e 2020 é, aproximadamente, de 2.809%.

Notas relativas ós datos da gráfica superior e ás táboas inferiores:

(*) Os datos entre 2009 e 2012 están separados por sexo en totais e por idades, entre os nacidos homes e as nacidas mulleres, pero separándoas por rexións. Así mesmo, os datos separados por sexo son de todo o Reino Unido, mentres que os datos entre 2012 e 2021 fan referencia só a Inglaterra. Aos datos separados por sexo entre 2009 e 2012 aplicouse un factor de proporcionalidade, que se obtivo atopando a porcentaxe do total dos casos que pertencen a Inglaterra, e logo multiplicando os datos por sexo por dita porcentaxe.

Pódese apreciar como se acelera o incremento de casos a partir do 2015. Mesmo ano no que Stonewall decidiu incluír o «T» dentro do colectivo LGB. (https://www.stonewall.org.uk/about-us/key-dates-lesbian-gay-bi-and-trans-equality#2010s)

Outro dato a considerar é a aprobación da Equality Act (Lei de Igualdade de Trato) no 2010, onde se introduce o concepto de Identidade de Xénero como característica protexida.

O maior número de casos son de adolescentes entre 13 e 16 anos. Isto podería ser debido ó fenómeno denominado «disforia de xénero de aparición rápida» (ROGD- Rapid Onset Gender Dysphoria ). Este dáse despois da puberdade, en mozas e mozos que non mostraron síntomas na infancia. Barállase a posibilidade da existencia de contaxio social entre adolescentes, especialmente en nenas con problemas de saúde mental ou neurobiolóxicos previos.

Transgendertrend en 2019 realizou unha análise exhaustiva dos datos que existían ata ese momento. As tendencias que analizaron en 2019 mantéñense, polo que é recomendable ler a súa análise para un mellor entendemento dos datos aquí reflectidos.


Artigo orixinal: https://www.transgendertrend.com/surge-referral-rates-girls-tavistock-continues-rise/

Tradución automática con Google: https://translate.google.com/translate?sl=en&tl=es&u=https://www.transgendertrend.com/surge-referral-rates-girls-tavistock-continues-rise/

Fontes das táboas e gráficos: