Política de cookies de mulleres.gal
Última actualización: 10 de Jun de 2021.
En cumprimento co artigo 22 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI), en relación co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) e a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), a Plataforma do Feminismo Radical de Galicia (en diante, A PLATAFORMA) pon a disposición das usuarias/os a política de recollida e tratamento de cookies do sitio web mulleres.gal.
Que son as cookies
Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu dispositivo (ordenador, móbil, tablet, etc) ao entrar a determinados sitios web. As cookies permiten a un sitio web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os teus hábitos de navegación e —dependendo da información que conteñan e da forma en que empregues o teu dispositivo— poden utilizarse para identificarte.
Tipos de cookies
Segundo a entidade que as xestiona
- Cookies propias ou internas: son aquelas enviadas e xestionadas directamente polo sitio web que estás visitando (neste caso o sitio web da PLATAFORMA).
- Cookies de terceiros: son aquelas que se envían ao teu dispositivo desde un sitio web que non é xestionado pola entidade que administra o sitio web que estás visitando (neste caso A PLATAFORMA), senón por outra entidade, que trata os datos obtidos a través desas cookies.
Segundo a súa finalidade
- Cookies técnicas: son aquelas que permiten ás usuarias/os rexistradas navegar a través do sitio web, da súa área restrinxida no caso de habela, e utilizar as súas diferentes funcións, como por exemplo, un sistema de comentarios ou un buscador.
- Cookies de personalización: son aquelas que permiten ás usuarias/os acceder ao sitio web con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios establecidos pola propia usuaria/o como, por exemplo, o idioma, o tamaño dos textos ou o tipo de navegador a través do cal se accede ao sitio web.
- Cookies sociais: son establecidas polas plataformas de redes sociais para permitir ás usuarias/os compartir contido nas mesmas.
Segundo a súa duración
- Cookies de sesión: son aquelas deseñadas para recabar e almacenar datos mentres a usuaria/o accede ao sitio web.
- Cookies persistentes: son aquelas nas que os datos seguen almacenados no dispositivo da usuaria/o e poden ser accedidos e tratados durante un período definido pola entidade responsable da cookie.
Cookies empregadas neste sitio web
De seguido clasificanse as cookies empregadas polo sitio web mulleres.gal:
Cookies técnicas
- cookieconsent: cookie técnica que almacena o consentimento da usuaria/o. É persistente e ten unha duración de 1 ano. https://www.osano.com/cookieconsent
Cookies sociais
- O sitio web inclúe funcionalidades proporcionadas por servizos de terceiros e redes sociais para mellorar a túa experiencia. Podes compartir o contido en redes sociais como Facebook ou Twitter ou servizos de mensaxería instantánea como WhatsApp ou Telegram cos botóns incluídos a tal efecto ou coas ferramentas para compartir propias das redes sociais ou do teu dispositivo. Como resultado, estes servizos poden instalar cookies no teu dispositivo e empregalas para rastrear a túa actividade online. Non temos control sobre a información recompilada por estas cookies.
Aceptación ou rexeitamento da instalación de cookies
A PLATAFORMA amosa información sobre a súa Política de cookies na ligazón que está no pé de todas as páxinas do sitio web. Esta páxina que estás lendo amosa información esencial sobre o tratamento de datos e informa ás usuarias/os sobre como realizar as seguintes accións:
- Aceptar ou rexeitar a instalación de cookies, ou retirar o consentimento previamente outorgado.
- Obter información adicional sobre a Política de cookies.
Eliminación de cookies
Podes aceptar, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu dispositivo mediante a configuración das opcións do navegador, pero parte do sitio web non funcionará correctamente ou a experiencia de navegación pode verse afectada.
Nas seguintes ligazóns atoparás instrucións para habilitar ou deshabilitar as cookies nos navegadores máis populares.
- Google Chrome
- Mozilla Firefox
- Microsoft Edge
- Microsoft Internet Explorer
- Apple Safari
- Opera
- Outros navegadores e máis información
Tratamento de datos personais
A PLATAFORMA é a responsable do tratamento dos datos persoais do usuario. Podes consultar toda a información relativa ao tratamento de datos persoais que recolle o Titular na páxina de Política de Privacidade.
Contacto
No caso de que teñas calquera dúbida acerca de esta Política de Cookies ou queiras realizar calquera comentario sobre este sitio web, podes enviar unha mensaxe de correo electrónico ao enderezo somos@mulleres.gal.