Política de Privacidade da Plataforma do Feminismo Radical de Galicia
Última actualización: 10 de Jun de 2021.
A Plataforma do Feminismo Radical de Galicia (en diante, A PLATAFORMA) infórmache sobre a súa política de privacidade respecto do tratamento e protección dos datos de carácter persoal das usuarias/os que poidan ser solicitados pola navegación a través do sitio web mulleres.gal.
Neste sentido, A PLATAFORMA garante o cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, reflectida na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e de Garantía de Dereitos Dixitais (LOPD GDD). Cumpre tamén co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas (RXPD).
O uso de mulleres.gal implica a aceptación desta Política de Privacidade.
Identidade da responsable
Titular: Plataforma do Feminismo Radical de Galicia
Correo electrónico: somos@mulleres.gal
Sitio web: https://mulleres.gal
Principios aplicados no tratamento de datos
No tratamento dos teus datos persoais, A PLATAFORMA aplicará os seguintes principios que se axustan ás esixencias do novo Regulamento Europeo de Protección de Datos:
- Principio de licitude, lealdade e transparencia: A PLATAFORMA sempre requirirá o teu consentimento para o tratamento dos teus datos persoais que pode ser para un ou varios fins específicos sobre os que se che informará previamente con absoluta transparencia.
- Principio de minimización de datos: A PLATAFORMA solicitarache só os datos estritamente necesarios para a fin ou as fins que os solicita.
- Principio de limitación do prazo de conservación: A PLATAFORMA conservará os datos persoais durante o tempo estritamente necesario para a fin ou as fins do tratamento ou segundo o indicado na apartado «Conservación de datos persoais» incluído nesta Política de Privacidade. A PLATAFORMA informa o prazo de conservación correspondente segundo a finalidade. No caso de subscricións, A PLATAFORMA revisará periodicamente as listas e eliminará aqueles rexistros inactivos durante un tempo considerable.
- Principio de integridade e confidencialidade: Os teus datos serán tratados de tal maneira que a súa seguridade, confidencialidade e integridade estea garantida. Debes saber que A PLATAFORMA toma as precaucións necesarias para evitar o acceso non autorizado ou uso indebido dos datos dos seus usuarios por parte de terceiros.
Obtención de datos persoais
Para navegar polo sitio web mulleres.gal non é necesario que facilites ningún dato persoal.
Os casos nos que si proporcionas os teus datos persoais son os seguintes:
- Ao adherirte ao noso Manifesto Fundacional.
- Ao adherirte a calquera das campañas que poñamos en marcha desde A PLATAFORMA a través do sitio web mulleres.gal.
- Ao contactar coa PLATAFORMA a través do formulario de contacto ou enviarnos un correo electrónico.
Os teus dereitos
A PLATAFORMA infórmache que sobre os teus datos persoais tes dereito a:
- Solicitar o acceso aos datos almacenados.
- Solicitar unha rectificación ou a cancelación.
- Solicitar a limitación do seu tratamento.
- Opoñerte ao tratamento.
- Solicitar a portabilidad dos teus datos.
O exercicio destes dereitos é persoal e por tanto debe ser exercido directamente pola interesada solicitándoo directamente á PLATAFORMA, o que significa que calquera persoa que nos facilitou os seus datos nalgún momento pode dirixirse á PLATAFORMA e pedir información sobre os datos que ten almacenados e como os obtivo, solicitar a rectificación dos mesmos, solicitar a súa portabilidade, oporse ao tratamento, limitar o seu uso ou solicitar a súa eliminación da base de datos da PLATAFORMA.
Para exercitar os teus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, portabilidade e oposición tes que enviar un correo electrónico a somos@mulleres.gal xunto cunha proba válida en dereito como unha imaxe escaneada do DNI ou equivalente.
Tes dereito á tutela xudicial efectiva e a presentar unha reclamación ante a autoridade de control, neste caso, a Axencia Española de Protección de Datos, se consideras que o tratamento de datos persoais que che conciernen infrinxe o Regulamento.
Finalidade do tratamento de datos persoais
Cando accedes ao sitio web mulleres.gal para adherirte ao Manifesto Fundacional da PLATAFORMA, cando nos envías unha mensaxe a través do formulario de contacto ou o correo electrónico estás a facilitar información de carácter persoal da que o responsable é A PLATAFORMA. Esta información pode incluír datos de carácter persoal como a túa dirección IP, nome e apelidos, dirección de correo electrónico ou outra información. Ao facilitar esta información, dás o teu consentimento para que a túa información sexa recompilada, utilizada, xestionada e almacenada pola PLATAFORMA, só como se describe na presente Política de Privacidade.
Os datos persoais e a finalidade do tratamento por parte de A PLATAFORMA é diferente segundo o sistema de captura de información:
- Adhesión ao noso Manifesto Fundacional: A PLATAFORMA solicita os seguintes datos persoais: nome e apelido(s), DNI, enderezo de correo electrónico, localidade e agrupación feminista á que pertences (este último dato non é obrigatorio) coa finalidade de que confirmes a túa adhesión á PLATAFORMA e pases a formar parte da mesma.
- Formulario de contacto: A PLATAFORMA solicita os seguintes datos persoais: nome e apelido(s) e enderezo de correo electrónico coa finalidade de responder á túa mensaxe.
Existen outras finalidades para as que A PLATAFORMA trata os teus datos persoais:
- Para garantir o cumprimento das condicións recollidas no Aviso Legal e na lei aplicable. Isto pode incluír o desenvolvemento de ferramentas e algoritmos que axuden ao sitio web mulleres.gal a garantir a confidencialidade dos datos persoais que recolle.
- Para apoiar e mellorar os servizos que ofrece o sitio web mulleres.gal.
- Para analizar a navegación. A PLATAFORMA recolle outros datos non identificativos que se obteñen mediante o uso de cookies que se descargan no teu computador cando navegas polo sitio web cuxas caracterísiticas e finalidade están detalladas na Política de Cookies.
- Para xestionar as redes sociais. A PLATAFORMA ten presenza en redes sociais. Se nos segues en Facebook, Twitter ou Instagram o tratamento dos datos persoais rexerase por este apartado, así como por aquelas condicións de uso, políticas de privacidade e normativas de acceso que pertenzan á rede social que proceda en cada caso e que aceptaches previamente.
Podes consultar as políticas de privacidade das principais redes sociais nestas ligazóns:
A PLATAFORMA tratará os teus datos persoais coa finalidade de administrar correctamente a súa presenza na rede social, informarche das súas actividades, así como para calquera outra finalidade que as normativas das redes sociais permitan.
Seguridade dos datos persoais
Para protexer os teus datos persoais, A PLATAFORMA toma todas as precaucións razoables e segue as mellores prácticas para evitar a súa perda, mal uso, acceso indebido, divulgación, alteración ou destrución dos mesmos.
O sitio web mulleres.gal está aloxado nos servidores da empresa SiteGround Spain S.L., inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 33.085, folio 1, Folla número M-595464, inscrición 1ª, con CIF : B87194171, e con domicilio social na Rúa de Prim 19, 28004 Madrid, España. A seguridade dos teus datos persoais está garantida xa que esta empresa toma todas as medidas de seguridade necesarias para iso. Podes consultar a súa política de privacidade para ter máis información.
Contido doutros sitios web
As páxinas do sitio web mulleres.gal poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutros sitios web compórtase exactamente da mesma maneira que se visitases a outra web. Estes sitios web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un código de seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción usando este código.
Política de Cookies
Para que o sitio web mulleres.gal funcione correctamente necesita utilizar cookies, que é unha información que se almacena no teu navegador web.
Na páxina Política de Cookies podes consultar toda a información relativa á política de recollida, a finalidade e o tratamento das cookies.
Lexitimación para o tratamento de datos
A base legal para o tratamento dos teus datos é: o consentimento.
Para adherirte ao Manifesto Fundacional da PLATAFORMA ou calquera das nosas campañas ou contactar con nós a través do formulario de contacto tes que aceptar a presente Política de Privacidade.
Categoría de datos persoais
As categorías de datos persoais que trata A PLATAFORMA son:
- Datos identificativos.
Conservación de datos persoais
Os datos persoais que proporcionas á PLATAFORMA conservaranse ata que solicites a súa supresión.
Destinatarios de datos persoais
- SiteGround Spain S.L., con domicilio en Madrid, España. Atoparás máis información en https://siteground.es. SiteGround Spain S.L. trata os datos coa finalidade de prestar á PLATAFORMA os seus servizos de aloxamento do sitio web e das súas caixas de correo electrónico.
Navegación Web
Ao navegar polo sitio web mulleres.gal pódense recoller datos que non poden ser utilizados para identificarte, como pode ser o enderezo IP.
O sitio web mulleres.gal non utiliza servizos de análise de terceiros.
Exactitude e veracidade dos datos persoais
Comprométeste a que os datos facilitados á PLATAFORMA a través do sitio web mulleres.gal sexan correctos, completos, exactos e vixentes, así como a mantelos debidamente actualizados.
Como usuaria do sitio web mulleres.gal es a única responsable da veracidade e corrección dos datos que remitas ao sitio, exonerando á PLATAFORMA de calquera responsabilidade respecto diso.
Aceptación e consentimento
Como usuaria do sitio web mulleres.gal declaras ser informada das condicións sobre protección de datos de carácter persoal, aceptas e consentes o tratamento dos mesmos por parte da PLATAFORMA na forma e para as finalidades indicadas nesta Política de Privacidade.
Revocabilidade
Para exercitar os teus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, portabilidad e oposición tes que enviar un correo electrónico a somos@mulleres.gal xunto cunha proba válida en dereito como unha imaxe escaneada do DNI ou equivalente.
O exercicio dos teus dereitos non inclúe ningún dato que A PLATAFORMA estea obrigada a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.
Cambios na Política de Privacidade
A PLATAFORMA resérvase o dereito a modificar a presente Política de Privacidade para adaptala a novidades lexislativas ou xurisprudenciais. Estas políticas estarán vixentes desde o 19 de febreiro de 2020 ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.