Benvidas ao noso espazo

A Plataforma do Feminismo Radical de Galicia nace para reunir asociacións, colectivos e mulleres feministas galegas na loita por unha sociedade máis xusta e equitativa. Aquí atoparás información sobre os nosos obxectivos, o noso manifesto e como unirte á nosa causa común. Xuntando esforzos, traballamos para lograr unha maior visibilidade e representatividade feminista.

Xa somos 540 adheridas ao noso Manifesto Fundacional

Forma parte da nosa comunidade e mantente ó día das novidades e actividades da asociación

MULLERES EN LOITA

Transhumanismo: DESHUMANIZACIÓN que normaliza a mercantilización da muller

Unha sociedade dividida entre consumidor@s e consumid@s onde a muller é unha «máquina expendedora» para os desexos do home.

A xustiza pola man

Quedei deshonrada, murcháronme a vida,
fixéronme un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangue maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.

—Salvádeme, ¡ouh, xueces!, berrei… ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeume a xusticia.
—Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda…
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.

Entonces cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño… ¡Ne-as herbas sentían!
I a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sen vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces… estonces, cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man que os ferira.

Rosalía de Castro