Manifesto Fundacional
Xa somos 429 adheridas ao noso Manifesto Fundacional!!
Adhírete e súmate a nós.

No noso blog:
01/02/2022 A coeducación secuestrada: transxenerismo e protocolos educativos
04/01/2022 A realidade das mulleres en tempos pándemicos e pospandémicos
19/12/2021 España, a galiña dos ovos de ouro
04/12/2021 Desenvolvemento infantil e identidade de xénero: Existe realmente a infancia trans?
19/11/2021 O mito da beleza pode producir cancro
09/10/2021 O contrato sexual: Carol Pateman
Petición aos deputados e deputadas do Congreso

A xustiza pola man
Quedei deshonrada, murcháronme a vida,
fixéronme un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangue maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.
—Salvádeme, ¡ouh, xueces!, berrei… ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeume a xusticia.
—Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda…
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.
Entonces cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño… ¡Ne-as herbas sentían!
I a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.
Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sen vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.
I estonces… estonces, cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man que os ferira.
(Rosalía de Castro)