A presente Política de Privacidade describe como a Asociación Mulleres Abolicionistas Galegas recompila, utiliza e xestiona a información persoal dos usuarios que interactúan co noso sitio web mulleres.gal, en cumprimento do disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (RGPD) e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPDGDD).
Responsable do tratamento dos datos
- Denominación: Asociación Mulleres Abolicionistas Galegas
- CIF: G67819847
- Domicilio social: Casa da Cultura, 15885 Vedra (A Coruña)
- Correo electrónico: somos@mulleres.gal
Principios aplicados ao tratamento dos datos
No tratamento dos teus datos persoais aplicamos os seguintes principios:
- Principio de licitude, lealdade e transparencia: Sempre se requirirá o teu consentimento para o tratamento dos teus datos, e serás informada previamente con absoluta transparencia sobre as finalidades específicas.
- Principio de minimización de datos: Solicitamos unicamente os datos estritamente necesarios para as finalidades solicitadas.
- Principio de limitación do prazo de conservación: Conservamos os datos durante o tempo necesario para cumprir coas finalidades do tratamento, ou segundo os prazos legais establecidos.
- Principio de integridade e confidencialidade: Garantimos a seguridade, confidencialidade e integridade dos teus datos. Tomamos todas as medidas técnicas e organizativas necesarias para previr o acceso non autorizado ou o uso indebido dos teus datos persoais.
Obtención de datos persoais
A información persoal pode ser recollida a través de:
- Adhesión ao Manifesto Fundacional: Nome, apelido(s), DNI, enderezo de correo electrónico, localidade e, opcionalmente, a túa agrupación feminista.
- Formulario de contacto: Nome, apelido(s) e enderezo de correo electrónico.
- Campañas ou subscricións: Datos similares aos recollidos para a adhesión ao Manifesto ou cando participas nas nosas campañas.
Ademais, cando navegas polo sitio web mulleres.gal, recóllense datos non identificativos mediante o uso de cookies, como o enderezo IP ou hábitos de navegación. Podes consultar máis detalles na Política de Cookies.
Finalidade do tratamento de datos
Os teus datos persoais serán tratados coas seguintes finalidades:
- Adhesión ao Manifesto Fundacional: Xestionar a túa adhesión á nosa causa e incluírte como participante na Asociación Mulleres Abolicionistas Galegas.
- Campañas e comunicacións: Enviarte información relativa ás nosas campañas, eventos e iniciativas.
- Formulario de contacto: Responder ás consultas ou solicitudes que nos realices a través dos nosos formularios ou do correo electrónico.
- Mellora do sitio web: Recoller datos estatísticos non identificativos sobre a navegación co fin de mellorar a funcionalidade do sitio web.
- Cumprimento legal: Garantir o cumprimento das normativas vixentes e os requisitos legais.
Lexitimación para o tratamento
A base legal para o tratamento dos teus datos é o consentimento expreso que nos outorgas ao proporcionar os teus datos persoais a través dos formularios dispoñibles no noso sitio web ou ao enviarnos unha comunicación por correo electrónico.
Conservación de datos
Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que foron recompilados ou ata que solicites a súa eliminación.
No caso de subscricións, revisaremos periodicamente as listas para eliminar os rexistros inactivos ou desactualizados.
Dereitos da usuaria
Como titular dos datos, tes dereito a:
- Acceder aos datos persoais que gardamos sobre ti.
- Rectificar os datos inexactos ou incompletos.
- Solicitar a eliminación dos teus datos cando xa non sexan necesarios para as finalidades do tratamento.
- Solicitar a limitación do tratamento.
- Solicitar a portabilidade dos datos a outro responsable, cando sexa tecnicamente posible.
- Opoñerte ao tratamento dos teus datos en determinadas circunstancias.
Para exercer calquera dos teus dereitos, debes enviar unha solicitude a somos@mulleres.gal, xunto cunha copia escaneada do teu DNI ou outro documento válido que acredite a túa identidade.
Medidas de seguridade
A Asociación Mulleres Abolicionistas Galegas adopta as medidas de seguridade técnicas e organizativas necesarias para garantir a protección dos datos de carácter persoal e previr a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo co estado da tecnoloxía, a natureza dos datos e os riscos aos que están expostos.
O sitio web está aloxado nos servidores de SiteGround Spain S.L., que tamén implementa medidas de seguridade adecuadas para protexer os teus datos. Podes consultar máis detalles sobre isto na política de privacidade de SiteGround en https://siteground.es.
Uso de cookies
Para garantir o correcto funcionamento do sitio web e mellorar a experiencia de navegación, utilizamos cookies. Podes consultar todos os detalles sobre o uso de cookies, a súa finalidade e como desactivalas na nosa Política de Cookies.
Redes sociais
A Asociación Mulleres Abolicionistas Galegas ten presenza en redes sociais. O tratamento dos datos persoais que realizamos a través das nosas contas en plataformas como Facebook, Twitter ou Instagram rexerase por esta Política de Privacidade e polas condicións de uso, políticas de privacidade e normativas de cada rede social. Recomendámosche que revises as políticas de privacidade de cada unha destas plataformas antes de interactuar connosco.
Transferencias internacionais de datos
A Asociación Mulleres Abolicionistas Galegas non realiza transferencias internacionais de datos fóra do Espazo Económico Europeo (EEE). No caso de que isto cambie no futuro, a asociación comprométese a garantir o cumprimento de todas as obrigas legais vixentes.
Cambios na Política de Privacidade
Reservámonos o dereito de modificar a presente Política de Privacidade en calquera momento, para adaptala a novas lexislacións ou xurisprudencias, así como a prácticas da industria. As modificacións serán debidamente comunicadas a través deste sitio web antes da súa aplicación.
Última actualización: Outubro 2024