Unha sociedade dividida entre consumidor@s e consumid@s onde a muller é unha «máquina expendedora» para os desexos do home.
O século XX rematou con significativos avances no diálogo social e no recoñecemento formal da mujer como ciudadana de pleno dereito. Quedaba pois, avanzar na traslación destes logros formais á súa aplicación material. Pero, iniciado o século XXI, ao tempo que o Feminismo segue reivindicando a súa axenda histórica, novas correntes de pensamiento tratan de promover a idea de que a explotación non é tal, e que abolila é, en realidade, unha maneira de restar liberdade ás explotadas.
Así, fronte a nosa reivindicación da abolición da explotación sexual ou do xénero como ferramienta de subordinación da muller, os defensores desta nova filosofía existencial esixen a regularización destas, así como de novas maneiras de explotar á muller, como o alugueiro do seu corpo para xestar bebés de deseño, todo isto acompañado dunha ben esponsorizada campaña mediática que renomea, a través da neolinguaxe, o que antes era explotación como empoderamiento e libre albedrío.
Compre, pois, unha análise global que permita entender como, por que e quen está construíndo este novo paradigma social no que resulta lícito mercar mulleres enteiras ou por partes.
Vídeos das ponencias E MESAS DE DEBATE
Gravación das ponencias e mesas do Primeiro Congreso Feminista Mulleres En Loita celebrado en Teo (Galicia) os días 18 e 19 de novembro de 2023 e que levou por título Transhumanismo: deshumanización que normaliza a mercantilización da muller.
Transhumanismo: de teoría filosófica a novo paradigma social
Explotación reprodutiva: mercado transhumanista de seres humanos
Tamén expuxo como esta manifestación do transhumanismo vive un momento de expansión grazas a connivencia de administracións que se valen dunha situación de falta de contundencia legal para evitar a súa erradicación.
Irrupción do transhumanismo nas aulas
Esta mesa debateu sobre os efectos que esta nova filosofía ten sobre unha nova xeración educada xa nos valores instaurados pola mesma. De que xeito se están filtrando nos espazos educativos e de relación de mozas e mozos consignas que contradín os principios da coeducación. En que medida contidos de carácter dogmático están desprazando ao pensamento científico no ámbito educativo e o papel que se esixe aos docentes como colaboradores obrigados nesta reformulación educativa.
Irrupción do transhumanismo nas aulas
A pegada transhumanista na lei