Queres unirte a Plataforma?

Queremos que te sumes á nosa loita feminista radical en Galicia. En PFRG-AMAG damos a benvida tanto a mulleres individuais como a asociacións e colectivos de mulleres que compartan os nosos obxectivos feministas.

Hai dúas formas de participar: como adherida ou como socia. Escolle a opción que mellor se adapte a ti ou ao teu colectivo:


1. Quero ser Adherida

Unirte como adherida significa formar parte de PFRG-AMAG, asinando o noso manifesto e sumándote á nosa causa.

Como adherida, poderás:

  • Recibir boletíns con novidades e convocatorias.
  • Participar no Foro de Telegram, un espazo exclusivo para o debate e a comunicación.

Que necesitamos de ti?
Para adherirte, envía un correo a unete@mulleres.gal co asunto QUERO ADHERIRME e inclúe os seguintes datos:

  • Nome e apelidos (ou nome da asociación/colectivo).
  • DNI/NIF.
  • Correo electrónico.
  • Número de teléfono (ou alias en Telegram).
  • Localidade e provincia.

Próximos pasos:
Unha vez recibamos o teu correo:

  1. Revisaremos os teus datos e engadirémoste ao Foro en Telegram nun prazo máximo de 3 días.
  2. Comezarás a recibir os nosos boletíns e estarás informada de todas as accións de PFRG-AMAG.

2. Quero ser Socia

Facerte socia de PFRG-AMAG é un paso máis. Implica un compromiso activo na toma de decisións e na organización das actividades da nosa loita feminista.

Como socia, poderás:

  • Participar nos grupos de traballo (redes sociais, boletíns, acción política, etc.).
  • Formar parte da Asemblea de Socias, onde debatimos e votamos propostas.
  • Colaborar en accións e proxectos locais.

Que necesitamos de ti?
Para facerte socia, envía un correo a unete@mulleres.gal co asunto QUERO SER SOCIA e inclúe os seguintes datos:

  • Nome e apelidos (ou nome da asociación/colectivo).
  • DNI/NIF.
  • Correo electrónico.
  • Número de teléfono (ou alias en Telegram).
  • Localidade e provincia.

Próximos pasos:

  1. Engadirémoste ao grupo de Adhesións en Telegram, onde recibirás toda a información para formalizar a túa inscrición .
  2. Compartirémosche a documentación de PFRG-AMAG (estatutos, regulamento interno e información sobre os grupos de traballo).
  3. Realizarás o pago da cota anual de 20 euros.
  4. Rellenarás un formulario específico para completar a túa alta como socia.

Por que unirte?

Unirse a PFRG-AMAG significa ser parte dunha comunidade feminista que loita contra todas as formas de violencia e explotación contra as mulleres. Tanto se es unha muller individual coma se representas unha asociación ou colectivo, queremos sumar esforzos contigo para transformar a sociedade desde Galicia.


Tes dúbidas?

Se precisas máis información ou tes algunha dúbida sobre o proceso, podes:

  1. Escríbenos a unete@mulleres.gal para que te axudemos directamente.
  2. Consultar o noso apartado de Preguntas Frecuentes (FAQ), onde atoparás respostas ás dúbidas máis comúns sobre PFRG-AMAG, os seus obxectivos, e as diferenzas entre ser adherida e socia.